Segunda xornada do Obradoiro de Joomla

Esta pasado sábado celebrouse a segunda xornada do Obradoiro de Joomla na cervexería A Fundación. Nesta xornada, os asistentes viron como modificar o deseño das súas webs de forma sinxela co uso dos modelos. Tamén se fixeron prácticas para a creación dun páxina web adicada ó comercio electrónico, utilizando o compoñente Virtuemart. Debido ó interese […]

A Xunta impulsará o Sw Libre

Acabamos de enterarnos, vía Roberto Brenlla, dunha xuntanza que tivo lugar hoxe pola mañá, entre os representantes do CESGA, de mancomun.org, das oficinas de SwL das tres universidades galegas e de AGASOL, da cal nos gustaría destacar o compromiso de continuidade para mancomún.org. Deixamos aquí a nota de prensa oficial

Taller de Joomla en Melide

Melisa vai a celebrar o seu primeiro taller de Joomla en Melide. Terá lugar os vindeiros 1 e 8 de agosto, en horario de 10 a 14 horas, e o lugar de celebración será o ciber da Fundación. Todos aqueles interesados en asistir deben comunicalo previamente a través dun correo electrónico a melisa.melide@gmail.com, ben poñendose […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio