Taller de Joomla en Melide

joomla

Melisa vai a celebrar o seu primeiro taller de Joomla en Melide. Terá lugar os vindeiros 1 e 8 de agosto, en horario de 10 a 14 horas, e o lugar de celebración será o ciber da Fundación.

Todos aqueles interesados en asistir deben comunicalo previamente a través dun correo electrónico a melisa.melide@gmail.com, ben poñendose en contacto con calquera dos membros da directiva, ou na propia Fundación.

O taller terá un custo de 15 euros, que serán integramente destinados á financiación da Asociación.

Algúns dos contidos a ver neste taller son os seguintes:

  • Descarga e instalación nun servidor web.
  • Xestión do diseño (plantillas).
  • Xestión de contidos. Introdución e modificación de artigos.
  • Xestión de usuarios.
  • Instalación de módulos e compoñentes.

(Actualización). Os asistentes que así o desexen, poden traer o seu equipo portátil.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio