La Voz de Galicia erra na divulgación do taller de Joomla

la voz de galicia

Hoxe La Voz de Galicia faise eco do noso taller de Joomla en Melide. Descoñecendo neste momento as causas do erro en dita información, estamos á espera dunha resposta por parte da delegación de Santiago.

Dende Melisa tan só queremos aclarar a confusión:

  • A Fundación Comarcal Terra de Melide non ten ningún tipo de relación na organización de dito taller. A confusión supoñemos que ven provocada porque o lugar de celebración é o ciber sito na Fundación (a cervexería).
  • Melisa non tivo nada que ver na organización do tutorial que se levou a cabo no Telecentro, e onde se mostrou como buscar traballo a través da rede.

Como non todo ían ser erros, aplaudimos a divulgación dos conceptos básicos que definen ó Software Libre, así como a difusión dos horarios e datas do taller.


Actualización:

Gracias a marcus, que foi quen de atopar un novo erro:

Efectivamente as datas son o 1 e 8 de agosto, e non do 1 ó 8 de agosto.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio