O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)

cabeceiraA Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.

O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.

As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.

“O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible
como 1 crédito de libre configuración.

Páxina web: http://www.usc.es/osl/lingua/
Páxina de inscrición: http://tinyurl.com/mtu8ef

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio