Linux para evitar riscos nas operacións de banca electrónica

Publicado por ifreiria
Venres, 16 de Outubro de 2009

Debido ás múltiples ciberameazas que asolan aos sistemas operativos de Microsoft, fixo que o prestixioso Washington Post recomende o uso dun CD Vivo de Linux para facer calquera tipo de operación de banca electrónica. Desta forma evitaríanse a maioría das ameazas, xa que un CD Vivo non almacena os datos de sesión anteriores e cada execución do sistema operativo no disco é como se os empregásemos por primeira vez, o que o fai moi seguro. Tux

Brian Krebs, un experto en seguridade informática, escribiu un interesante artigo para o Washinton Post, no cal relata os problemas que tiveron diversos bancos e os seus clientes por culpa dos numerosos ciberataques e vulnerabilidades que aparecen nos sistemas Windows de Microsoft.

Krebs afirma que para evitar fraudes e problemas bancarios a solución máis simple e efectiva é non empregar Microsoft Windows cando se acceda a unha conta bancaria en liña.

A maioría dos ciberataques está destinados aos desenvolvementos de Microsoft, que son empregados pola inmensa maioría dos usuarios e que por iso son máis probábeis que deán como resultado filtracións de datos e que tarde ou cedo acaban abrindo as portas dos nosos computadores aos atacantes remotos. Isto fai que as operacións de banca electrónica sexan especialmente sensíbeis, e para curarse en saúde, o mellor e empregar un CD Vivo de Linux, co cal evítanse practicamente todos os risco nestas operacións.

De feito, o SANS Technology Institute, unha organización adicada á investigación e educación no campo da seguridade, retou aos seus estudantes a que fixeran un informe para achar os métodos máis efectivos para as pemes á hora de evitar este tipo de ataques. Os estudantes chegaron á conclusión de que a solución máis barata e segura ante estas ameazas era empregar un sistema operativo arrancábel de só lectura, como por exemplo Knoppix ou os CD Vivos de Ubuntu.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio