Onte un compañeiro do curso LPIC que estou a facer no CNTG, me comentou a existencia dunha web ben curiosa, onde podes facer uso do buscador Google como si dunha liña de comandos se tratara. O uso é ben sinxelo xa que si queremos buscar páxinas mediante un término, tan só temos que escribilo no ‘prompt’, e nos devolverá os resultados de catro en catro, e para mostrar os seguintes podemos ir pulsando Intro. Si queremos abrir un dos resultados escribimos no prompt o número que aparece á súa esquerda, eso sí, tendo en conta que se abre nunha nova pestaña e pode ser que haia que desbloquealas.
Para ver o resto de comandos podemos pulsar ‘help’ ou ‘h’. As buscas pódense facer no buscador de imaxes, novas, wikis, etc.
Dende logo que é unha boa maneira de usar google para todos aqueles amantes da liña de comandos. Que o disfrutedes. Anímovos a facer uso desta web dende un navegador de terminal, coma o lynx.