Acaba de sair o TOP500 dos superordenadores correspondente ó mes de novembro, e como se pode apreciar no gráfico, o sistema operativo GNU/Linux está instalado en preto do 90% de superordenadores, seguido dun 5% de Unix, un 4,6% mixto, un 1% de Windows e un 0,2% BSD.
Tamén cabe destacar que a metade (50,60%) destes superordenadores posúen de 4.000 a 8.000 procesadores, e son usados en entornos de investigación, de finanzas ou de xeofísica, polo que executarán aplicacións con grandes necesidades de cálculo en paralelo en cada un dos procesadores, ou ben han de ser compartidos por moitos usuarios que ‘lanzan’ as súas aplicacións nestes equipos para obter os resultados tan pronto como sexa posible.
O país que máis superordenadores ten é Estados Unidos, cun total de 277 equipos.