Cinestable – I Festival de curtas Creative Commons

logo_inestable

O próximo día 5 de agosto celebraráse no Auditorio da Casa da Cultura de Ordes a primeira edición do “Festival de Curtametraxes Libres Cinestable”.

O festival quérelle render homenaxe á liberdade que brindan as licenzas libres Creative Commons convocando un concurso de curtas, ao que están convidados a participar, amateurs e profesionais de todo o país. Celebraráse tamén unha proxección das mellores cintas libres a nivel mundial. Con este evento preténdese fomentar o uso destas licenzas, que teñen a marabillosa propiedade de potenciar a creatividade dos autores e aumentar a difusión das obras noveles.

Poden concorrer ao concurso todas as cintas de calquera temática que se licenzen baixo unha Creative Commnos. A inscrición é gratuita e realizarase por medio da web. O prazo de entrega de traballos abre o día 14 de xuño, e pechará o 1 de agosto. As cintras premiadas repartiránse máis de 800 €, e proxectaránse no festival.

Cinestable é unha iniciativa organizada pola asociación Inestable, coa colaboración do Concello de Ordes, e outras entidades coma o AC Proxecto Trasno. Pódese obter máis información na web do certame, ou solicitar información por correo electrónico (cc[arroba]inestable[punto]org).

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio