O pasado martes 10 de agosto, celebrouse a primeira xornada dos Obradoiros de verán, organizados por Melisa.
O vicepresidente de Melisa, Jorge Lama, comenzou a xornada cunha exposición dos conceptos básicos relativos ó Modding informático. A continuación, os asistentes tiveron a oportunidade de practicar con diversos compoñentes hardware. Cambiar diferentes pezas averiadas, como unha fonte de alimentación, construir un reproductor de CD con compoñentes reciclados, e incluso houbo quen se atreveu a instalar un pc enteiro partindo de cero. Saber cómo conectar un disco duro, cómo facer que o noso equipo esté ben refrixerado, ou cómo ‘tunear’ as caixas dos nosos pc’s, foron tamén algún dos temas vistos nesta primeira xornada.
O próximo xoves 12 de agosto, terá lugar a segunda xornada destes Obradoiros, na que os asistentes terán a oportunidade de coñecer os pasos a seguir para instalar un sistema operativo (Windows e GNU/Linux).
Recordamos que estes Obradoiros están abertos a tódolos públicos, e a entrada é de balde.