Terceira xornada dos Obradoiros de verán

obradoiros_de_veranO pasado venres, 13 de agosto, tivo lugar a última xornada dos Obradoiros de verán, organizados por Melisa.

Nesta xornada, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer fundamentos básicos para iniciarse no mundo da Robótica. Jorge Lama fixo unha pequena exposición dos conceptos máis importantes para poder entender o funcionamento dun robot. E a continuación, levouse a cabo unha demostración práctica da programación e posta en marcha dun robot baseado en Arduino. Os participantes desta xornada quedaron sorprendidos pola sinxeleza do sistema, e foron capaces de modificar certos aspectos no comportamento do robot, tan só con saber uns poucos conceptos, e a pesar de ser a súa primeira toma de contacto con este tipo de tecnoloxía. Un robot baseado en Arduino pódese programar para que tome decisións en base ós datos que poida ir recollendo dos seus sensores. Un dos mostrados foi o proxecto que implementa un “quadcoptero“.

Dende Melisa agradecemos a colaboración e interés mostrado polos asistentes, e agardamos preparar algunha xornada adicional unha vez pasadas as festas do San Roque.

Estade atentos á nosa web, onde iremos informando das nosas próximas actividades.

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio