Continuación dos Obradoiros de Verán

Despois das festas do San Roque en Melide, continuamos con dúas xornadas máis dos Obradoiros de Verán 2010.

Os próximos días 25 e 26 de agosto, Melisa organizará as IV e V Xornadas, cos seguintes contidos:

  • Programa de capacitación básica en Software Libre, cos seguintes obxectivos:
  1. Proveer dos fundamentos da filosofía e da ética do software libre á audiencia, como tamén dos diferentes beneficios que existen ó empregar este tipo de software.
  2. Proveer dos coñecementos básicos tanto na instalación de software libre, como no uso de diferentes tipos de aplicacións, nas áreas de ofimática, internet e multimedia.
  3. Proveer de coñecementos básicos na configuración e xestión de sistemas GNU/Linux.

Os obradoiros son gratuitos e abertos a todo tipo de público.

Terán lugar na Cervexería de A Fundación, con horario de 10:30 a 13:00.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio