Os nosos colegas de OUSLI acaban de anunciar a I Xornada de Introdución ó Software Libre, que terá lugar o próximo xoves 21 de outubro, en horario de 17:00h. a 20:00h.
O lugar de celebración será a Aula Magna do edificio politécnico, no campus das Lagoas da Universidade de Vigo en Ourense.
A súa principal charla é a Install Party na cal se convida a todo o mundo que leve o seu portátil, e durante a conferencia se lle explicará e axudará a instalar Ubuntu 10.10.
A xornada ten o seguinte programa:
- ¿Que é o Software Libre?
- Install Party – Ubuntu 10.10
- (Mentres instalamos) Charla do mirror.ousli.org
- ¿Que é OUSLI, e como se pode participar?