Colaboracion entre Melisa e Salxomar

salxomarMelisa ven de colaborar coa Asociación de emigrantes e inmigrantes “Salxomar”, para a posta en marcha do seu novo sitio web. Melisa encargouse do hosting, alta de dominio e deseño web usando o CMS de código aberto, Joomla.

Gracias a esta iniciativa, os asociados de Salxomar poderán acceder á información das diferentes actividades programadas dende a asociación, asi como ás últimas novedades acontecidas no ámbito das diferentes comunidades de inmigrantes que están a vivir no noso país.

Asemesmo, estánse a celebrar cursos de Introdución a GNU/Linux para os socios de Salxomar, divididos en dous grupos, un de adultos e outro infantil, impartidos por Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de Melisa.

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio