Un premio Principe de Asturias para o Software Libre

candidaturas principe asturiasA Fundación Príncipe de Asturias invitou a CENATIC a presentar unha proposta de candidatura aos Premios Príncipe de Asturias 2011, e decidiron presentar como candidato á Comunidade Internacional do Software Libre, dentro da modalidade de Cooperación Internacional.

A Comunidade Internacional do Software Libre é o conxunto de persoas e institucións de todo o mundo que contribúen ao desenvolvemento do Software Libre mediante un modelo colaborativo e aberto, baseado na liberdade, a compartición do coñecemento, a colaboración, a meritocracia e o respeto aos dereitos de autor, con accións coma o desenvolvemento, divulgación, promoción, documentación, tradución, organización e soporte do Software Libre.

O Software Libre permite a xeralización do coñecemento e o acceso á tecnoloxía a nivel mundial, eliminando as barreiras económicas, sociais, culturais ou xeográficas.

Os interesados en apoiar esta candidatura cumplimentando o formulario habilitado na web de apoio á candidatura, ou ben asinar o seguinte documento, e envialo ao CENATIC.

{xtypo_download}Documento_adhesion.odt{/xtypo_download}

{xtypo_info}Boletín CENATIC{/xtypo_info}

No caso de ser concedido o premio,  quen credes que debería recoller o premio?.

{xtypo_rounded2}

Argumentos para reclamar un galardón

As actividades vencelladas co Software Libre xeran unha facturación en torno aos 263.000 millóns de euros na Unión Europea, cunha estimación do 4% sobre o PIB comunitario para o ano 2010.

Se unha empresa construira Debian, tería que pagarlle a máis de 2.000 programadores durante seis anos un total de case 1.300 millóns de euros.

Entre os sistemas baseados en GNU/Linux atopamos a Android, o proxecto Genivi, ou Sequoia, o supercomputador máis potente do mundo, que fabrica IBM.

{/xtypo_rounded2}

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio