VIII Xornadas sobre GNU/Linux en Ordes

viii_xornadas_inestableOs nosos colegas de Inestable organizan a VIII edición das Xornadas GNU/Linux os próximos 21 e 22 de abril.

Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretenden achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.

Este ano contarán ademáis cun pequeno concurso chamado PKI, no que o gañador recibirá un premio.

A asistencia as xornadas é gratuíta.

Este é o programa:

  • Xoves 21 Mañá (10 – 13.30)
    • Presentación (30′) N. Vidal
    • Charla sobre software libre (90′) S. Tabarés
    • Obradoiro de drupal (90′) A. Permuy
  • Xoves 21 Tarde (16.00 – 19.30)
    • FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90′) D. Bañobre
    • Software libre na universidade (90′) M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
  • Venres 22 Mañá (10 – 13.30)
    • Túneles IP cifrados con OpenSSH (90′) O. Casal
    • Presentación Obradoiro Arduino (90′) J. Rodríguez
  • Venres 22 Tarde (16 – 19.30)
    • Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90′) N. Vidal
    • PKI, o concurso definitivo!

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio