Explicación moi sinxela para entender que é Software Libre

sidra_libreHai ocasións nas que pode costar entender que se agocha detrás do concepto de Software Libre. A definición máis usada di que é aquel software que podes usar, estudar, modificar e compartir.

Pero, imos poñer un exemplo usando dúas botellas de sidra asturiana (con mazá galega 🙂 )

  • A botella da esquerda pertence a unha empresa que ten os dereitos sobre ela. Só podes probala nos seus locais, ao prezo que eles poñan, non podes compartila cos amigos e nunca che dirán de qué está feita. Saber sabe a sidra, pero estános prohibido facerlle ningún tipo de análise.
  • Sen embargo, a botella da dereita pertence a unha das moitas sidrerias que temos cerca. Por suposto, está feita con mazá, e ata che indican con qué variedade, non leva cousas raras, e por suposto, podes facerlle tantas análises como queiras. É máis, a receita que se usa neste local, foi mellorada ao longo dos anos coa axuda de todos os consumidores. Podes compartila con cantos amigos queiras, e onde queiras.

 

A pregunta que vos fago é ¿con que botella quedades?

 

Fonte: http://ubuntu-ast.org

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio