Charla de achegamento ao Software Libre

parnetticO próximo xoves 26 de maio, ás once da mañá, no telecentro do edificio multiusos de Melide, imos realizar unha actividade en colaboración cos compañeiros de ParnetTIC de Melide.

Dita actividade constará dunha pequena charla de achegamento ao Software Libre.  Explicaranse brevemente os conceptos básicos para entender o movemento do código aberto, e expoñeranse algúns casos prácticos de como nos afecta na nosa vida cotián o uso deste tipo de software, por exemplo, á hora de comprar un ordenador.

Aínda que está dirixida aos alumnos que están asistindo aos cursos organizados por ParnetTIC, a asistencia está aberta a calquera persoa que queira participar nela.

 

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio