Declaración sobre a doazón de OpenOffice á fundación Apache

Cando OpenOffice se move cara unha licenza non-copyleft, hai un substituto preparado para aquelas persoas que queren unha suite que protexa a súa liberdade: LibreOffice.

Oracle, IBM e a Fundación Apache, anunciaron a pasada semana que OpenOffice.org convertíase nun proxecto oficial de Apache. OpenOffice.org é unha peza importante de software libre, e moitos dos seus partidarios suxiren que este cambio daralles un maior control sobre o destino do proxecto. Sen embargo, os usuarios e contribuíntes, deben ter en conta que, como parte desta transición, será máis doado para os desenvolvedores de software privativo distribuír OpenOffice.org como software non libre.

Todos os proxectos Apache distribúense baixo os termos da licenza Apache. Trátase dunha licenza de software libre non-copyleft, que fai que calquera que recibe o software pode distribuílo en condicións non libres. Esta estratexia de concesión de licenzas representa un cambio significativo na política de OpenOffice.org, xa que antes o software distribuíase baixo os termos da GNU Lesser General Public License (LGPL). A cal é unha licenza copyleft débil, que se define como aquela que permite a distribución baixo condicións non libres daquel software que tan só enlaza con estes programas, pero o software afectado pola licenza LGPL, sempre debe ser posto en liberdade, xunto co seu código fonte, baixo os termos da LGPL.

Afortunadamente, hai preparada unha alternativa para a xente que quere traballar con esta suite protexendo a súa liberdade: LibreOffice. Calquera usuario que se sentira cómodo coa interface de OpenOffice.org, tamén o fará coa de LibreOffice, porque está baseado no mesmo código fonte.

Aínda que ambas opcións pasan a proba de ser software libre, recoméndase LibreOffice, porque o seu modo de traballar promove mellor a causa do software libre.

Fonte: Free Software Foundation

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio