2. Calidade
Cando un programador informático traballa para desenvolver unha aplicación, e conta coa axuda de miles de compañeiros, o resultado vai ter moita máis calidade que se ese mesmo proxecto o levan a cabo unha ducia de programadores.
Cando o traballo se fai de forma colaborativa, e todos os participantes aportan o seu coñecemento nas distintas áreas afectadas nun proxecto, a calidade do produto final será moito máis alta.
O simple feito de que o teu traballo sexa visible por calquera compañeiro, fai que te preocupes máis pola calidade do teu traballo, que se o ocultas baixo unha licenza privativa, que impide o acceso ao teu código fonte. A moitos programadores gustaríanos ver parte do código fonte dalgunha das aplicacións máis coñecidas no mundo privativo, para comprobar que a importancia de escribir un bo código non está dentro das prioridades do seu traballo.
Levado a outros sectores, seguro que moitos profesionais non se preocuparían tanto pola calidade se puidesen agochar parte do seu traballo para que os seus clientes non o puideran ver ou tocar.