6. Formatos abertos
Moitas empresas que deciden cambiar algunha das súas aplicacións, atópanse con que os dados que estiveron almacenando durante anos están gardados nun formato privativo que impide a súa exportación cara unha nova aplicación. De novo estamos diante dun caso de ‘secuestro’ do noso traballo por parte da empresa provedora de software. Ou en lugar de secuestro, imos chamarlle ‘chantaxe’. “Non podes cambiar de aplicación porque non tes forma de levar os teus dados cara outra aplicación”. Sabemos que soa moi mal, pero é a realidade diaria en moitas organizacións.
Debemos ser moi coidadosos á hora de elixir un software que nos permita sempre o acceso aberto á nosa información. Para elo debemos utilizar sempre formatos abertos. Que o noso traballo sexa almacenado de forma facilmente recuperable e modificable, aínda que sexa desde unha aplicación diferente á que estamos a utilizar actualmente.
Evitaremos a toda costa, quedar cautivos dun formato tan só por estar utilizando determinada aplicación. Incluso dentro da mesma aplicación, hai casos nos que un cambio de versión impide o acceso ao traballo feito en versións anteriores. Definitivamente ¿isto como se chama?.
Máis información na wiki de mancomún.