10. Probar antes de comprar
Ao igual que facemos cando queremos comprar uns zapatos, seguro que a moitos empresarios lles gustaría probar o seu software antes de compralo. Pois isto é posible nas aplicacións de software libre, e o poderemos facer dunha maneira completa, é dicir, sen limitacións no seu uso, como as que soen ter as versións demo do software privativo.
Se estamos a falar de sistemas operativos, temos a opción de usar unha versión en formato LiveCD, para ver como sería a súa execución nos nosos equipos informáticos. Existen moitas distribucións de GNU/Linux que contemplan este formato, por exemplo, Ubuntu.
—
Con este último artigo chegamos ao final desta serie de publicacións coas que pretendemos aclarar algunhas das dubidas que poidan ter os empresarios para atreverse a dar o paso de integrar software libre na súa empresa. Agardamos que haxan sido de utilidade, e recordade que estamos á vosa disposición para responder ás vosas cuestións, e que proximamente faremos actividades a prol da difusión do software libre dentro da empresa.