O próximo 29 de setembro, no CNTG en Santiago de Compostela, terá lugar unha xornada de traballo para dar a coñecer diferentes ferramentas informáticas, de interese para as entidades que ofrecen servizos a colectivos desfavorecidos.
A participación nas xornadas é gratuita, previa inscrición na web www.agasol.org/eventos.
Programa da xornada:
- 9:30-9:45 Presentación da xornada por parte da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Dna. Mar Pereira Álvarez.
- 9:45-10:30 ¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas. Relator: Xavier Castaño (Igalia)
- 10:30-11:15 Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital. Relator: Carlos Rodríguez (Tegnix)
- 11:15-11:40 Pausa-café
- 11:40 -12:30 Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional. Relator: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia)
- 12:30 -13:30 Mesa redonda, presentación dunha nova plataforma de traballo orientada ao terceiro sector. Participarán empresas que contan con ferramentas dirixidas ao terceiro sector e orientadas á accesibilidade.
Máis información: