Como ben dicía un compañeiro nunha xuntanza en Vigo: “O uso de software libre ten moitas batallas ganadas, en realidade case todas, tan só quedan os portátiles, e cada vez menos escritorios“. E non lle vou quitar razón despois de ler datos como os que aparecen no informe da Secretaría Xeral de Modernización.
A verdade é que temos que estar contentos e satisfeitos de que tanto esforzo en divulgar as múltiples vantaxes do uso de software libre, vaia dando os seus resultados. Sabemos da dificultade da tarefa, pero cada vez contamos con máis xente que está a promocionar o uso do software libre.
Ánimo a todos, e só podemos decir unha cousa: “seguimos na luta !!“.