xeoPesca, unha solución para o rexistro da actividade pesqueira

xeoPesca é unha ferramenta informática para rexistrar a actividade pesqueira dunha flota de barcos.

Ofrece a creación dun rexistro de actividade pesqueira que achega varias vantaxes competitivas, como as seguintes:

  • Facilita a comunicación entre o patrón e o armador.
  • Analiza os recursos mariños, para así poder optimizar as capturas en función da experiencia rexistrada no sistema.
  • Ofrecer unha maior trazabilidade na cadea alimentaria, e conseguir unha diferenza respecto da competencia.

Un dos obxectivos a conseguir por xeoPesca é substituír o proceso actual baseado no recordo humano, por un repositorio documentado da experiencia pesqueira, co cal poder localizar mellores caladoiros.

A solución consiste nunha aplicación web que foi desenvolvida baixo unha metodoloxía iterativa incremental. Para poder programar a aplicación utilizaronse diferentes ferramentas, entre as cales destacan Java, PostgreSQL, Maven ou GeoServer.

xeoPesca é un proxecto creado por Pablo Belay Fernández, e distribúese baixo unha licenza libre GNU General Public License version 3.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio