MeLiSA vai organizar o próximo 30 de novembro, un obradoiro de gravación e edición de son con ferramentas libres, co obxectivo de dar a coñecer a existencia e o funcionamento de diferentes ferramentas libres que poden ser usadas por toda persoa interesada na edición de son.
O obradoiro terá lugar na aula CeMIT, situada no edificio multiusos de Melide, de 10 a 14 horas. Dispoñemos dun total de 20 prazas dispoñibles, polo que recomendamos que os interesados realicen a inscrición.
Os asistentes serán capaces de coñecer diferentes recursos para poder realizar gravacións e edicións de son dos seus instrumentos musicais, utilizar recursos libres dispoñibles na web, e ter acceso a ferramentas que poidan aportar un aspecto profesional ao seu traballo diario. Faráse unha especial atención no manexo do aplicativo Audacity, co cal se poden levar a cabo todas as tarefas necesarias para editar son de xeito doado, e utilizando formatos abertos.
O público obxectivo para este obradoiro será toda persoa afeccionada á música, técnicos de son da rede galega de locais de ensaio, profesionais da música que utilicen ferramentas privativas, profesionais dos medios de comunicación, e en xeral calquera persoa interesada no tratamento do son.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación MeLiSA desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.