Wiki

O wiki de Mancomún naceu como punto de encontro para a xestión, documentación e seguimento dos proxectos de tradución e localización de software que se promoven desde o portal.

Co paso do tempo, grazas á súa utilidade como ferramenta de traballo colaborativo, este servizo foi evolucionando incorporando diversa documentación sobre os aplicativos promovidos dende mancomún, sobre proxectos desenvolvidos por mancomún como o Galinux ou o corrector ortográfico…, e mesmo para a organización, conxuntamente coa comunidade, de xornadas, congresos …

Acceder ao wiki.mancomun.org

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio