Presentación de «abeancos.gal» no Drupal Day Portugal

Drupal Day Portugal

Melisa vai presentar o  proxecto «abeancos.gal» no Drupal Day Portugal, que terá lugar o próximo 14 de outubro na cidade de Aveiro.

O Drupal Day ten como obxectivo reunir á comunidade de Drupal para compartir experiencias e coñecemento. Está integrado no Techdays, e vai ser organizado pola Câmara Municipal de Aveiro.

O relator que se vai encargar de presentar o proxecto liderado por Melisa, será Alberto Permuy Leal, membro da Asociación Comunidade O Zulo, e responsable técnico da implantación tanto de «abeancos.gal» como de «aculturadaauga.org».

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio