As 7 maravillas

Hoxe en día é moi doado, convocar, elexir e propoñer sete maravillas do Mundo. Pero si facemos unha convocatoria e eleción polos usuarios das sete maravillas do Software Libre sin duda o primeiro lugar o levaría o mellor exemplo do Software Libre: o sistema Operativo GNU/Linux.

Pero esta maravilla que se chama GNU/Linux, a imos a exceptuar, así como as pirámides exipcias de Gizeh, que foron definidas como maravilla honorífica, por que é moi difícil competir con esta maravilla del mundo.

Entón as 7 maravillas do Mundo do Software Libre serían, según unha breve enquisa as seguintes:

1. Firefox. http://www.mozilla-europe.org
Pola súa seguridade, privacidade, multiplataforma, multilingüe, fácil de instalación, cumple cos estándares, búsqueda directa, integración con RSS e seguridade na navegación.

2. Apache. http://www.apache.org
Por permitir proporcionarnos aloxar as nosas aplicacións web e considerarse o servidor web número un en Internet

3. Php. http://www.php.org
Por considerarse unha linguaxe de programación fácil de aprender, veloz, estable, simple e permitir o desnerolo de aplicacións dinámica rápidamente, común entre a comunidade de desarrolladores do Software Libre

4. Mysql. http://www.mysql.org
Por ser moi rápido, estabilidade horizontal, flexible, alto rendemento e fácil de usar.

5. GNOME. http://www.gnome.org
Sin duda polo seu agradable entorno, pola súa interoperatividade coas aplicacións, alta usabilidade, gran flexibilidade, rendemento, estabilidade de interfaz e aplicacións maduras a nivel de ventás.

6. KDE. http://www.kde.org
Porque a súa interfaz é amigable, fácil de entender, excelente documentación na rede, integración dunha suite de ofimática, multilingua, alta flexibilidade e cumple os estándares a nivel de escritorio.

7. OpenOffice. http://www.openoffice.org
É multiplataforma e independente do Sistema Operativo, pódese instalar, reinstalar e obter actualizacións completamente gratis, permíteche adaptalo ás túas necesidades. Permite a importación e exportación de diferentes tipos de documentos e plantillas dunha gran variedade de formatos, pola súa integración de tódalas aplicacións do sistema de ferramentas de oficina e permiteche axilizar o proceso de migración a formatos estándares.

As outras maravillas do Mundo do Software Libre que sempre serían candidatas: PhpMyadmin, Ruby on Rails, Perl, blender, glade, phyton, samba, gimp, PostgreSQL, sendmail, squid, etc.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio