Axenda de Richard Stallman en Galicia

Presentamos a continuación a axenda de actos públicos de Richard M. Stallman durante a súa estadía en Galicia.

Día 29:

• Santiago: Relatorio na facultade de Filosofía ás 12:30 horas: “Que é o software libre?“. Previamente haberá ás 10:30 horas unha charla introdutoria a Trisquel Mini por parte dos membros de Trisquel GNU/Linux, organizadores do encontro.

• Ourense: Conferencia no Ateneo, ás 20:30 h, baixo o título “Software Libre ou Software Subxugante: Quen ten o control da túa computadora?“. Organiza Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense, GULO en colaboración coa empresa galega Igalia.

Día 30:

• Vigo: charlas do Máster de Software Libre Caixanova no Auditorio do Centro Cultural Caixano en Vigo (requisito de inscrición previa). Ás 16:00 horas impartirase a charla “O movemento do Software Libre” e, ás 18:45 horas, “O perigo das patentes de software”.Organizan: Caixanova e Igalia.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio