Segundo Ulteo, agora as organizacións poden ofrecer aos seus usuarios, tanto de Window$ coma GNU/Linux aplicacións ou unha combinación dos dous sistemas nun mesmo escritorio a través do Open Virtual Desktop.

“No ano pasado, cando lanzamos o noso OVD para aplicacións Linux, moitas organizacións públicas e privadas de todo o mundo contactaron connosco para preguntarnos cando íamos ofrecer unha solución só para aplicacións de Windows ou por unha combinación de Windows e Linux“, di Thierry Koehrlen, CEO da Ulteo.
“A instalación é moi rápida e non impacto no cliente PC. Os usuarios de Windows poden finalmente achegarse ás aplicacións Linux e aqueles que migren ou planificaquen migrar para Linux poden ofrecer as aplicacións de Windows de volta no PC, todo desde un navegador web. “