Software libre contra PRISM

Grazas á publicación de documentos segredos por parte do extraballador da CIA, Edward Snowden, contamos coas probas de que o goberno estadounidense vixía a miles de usuarios de internet.

A axencia de seguridade NSA, conta coa colaboración de multitude de empresas de servizos, tales como Skype, Google, Apple ou Facebook, que permiten o acceso aos datos almacenados nos seus servidores. A opción de deixar de utilizar estes servizos parece difícil de conseguir, polo que imos propoñer os seguintes consellos:

  1. Cambia de navegador, e comeza a utilizar Mozilla Firefox. O uso de complementos como “Do Not Track” evita o rastrexo da nosa actividade na rede.
  2. Utiliza un buscador alternativo. Os tres principais buscadores, Google, Bing e Yahoo!, almacenan información relativa ao noso ordenador para saber dende onde se executan as buscas. Aconsellamos o uso de buscadores como DuckDuckGo, ou StartPage que non rexistran o enderezo IP do noso ordenador.
  3. Novas redes sociais. Non hai moitas alternativas a Facebook ou Google+, pero algunhas están medrando en número de usuarios, como Diaspora. A opción española é Lorea, que desenvolvida por hacktivistas, permite crear redes para pequenas comunidades.
  4. Aínda que Twitter non aparece na lista de Snowden, pode ser un bo momento para instalar AnonTwi.
  5. Cambia de xestor de correo electrónico, e instala Thunderbird no teu ordenador, que permite cifrar as mensaxes de correo con Enigmail.
  6. Pásate a aplicativos de mensaxería instantánea como Pidgin, que co seu complemento OTR, permite o cifrado das nosas mensaxes, evitando que poidan ser interceptadas polo camiño.

Se aínda queres máis, a Free Software Foundation dispón dunha serie de aplicativos para complicarlle o traballo a Prisma.

Colaboración en CERNE.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio