O software libre dache independencia para dirixir a túa empresa

Rafael Martín Espada, director xeral da “Sociedad de la Información en Extremadura”, inaugurou o pasado 29 de abril o día do Software Libre.

 

O día do Software Libre celebrouse en Cáceres coa presencia de Rafael Martín Espada, director xeral da “Sociedad de la Información” en Extremadura, quen destacou que as fontes abertas son unha oportunidade para convertir en ventaxa competitiva a falta de posibilidades de inversión das pymes.

“El software libre te da independencia para dirigir el futuro de tu empresa”, señalou Martín. A principal razón para implantar software libre é a posibilidade de dominar a tecnoloxía, e a partir de ahí innovar tanto en procedementos como na forma de xestionalos, señalou o director autonómico.

Durante a xornada inaugurouse na cidade extremeña “Movimiento Avanza”, a maior exposición tecnolóxica itinerante de España, organizada polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio co obxectivo de difundir as oportunidades que xenera o software libre en tódolos ámbitos da sociedade.

Asemesmo, desenrolaronse numerosas ponencias e conferencias nas que se debateu sobre a conveniencia empresarial do software libre para as pequenas empresas. “Liberar un producto propio como software libre es colocar a tu empresa en un mercado global; hay que liderar un desarrollo colectivo distribuido por todo el mundo, y contar con que ese software tendrá instalaciones en lugares en los que no habría pensado jamás”, estableceu Juan Zamoro da empresa Pulso Sistemas de Gestión.

“Una de las razones para implantar software libre es la posibilidad de dominar la tecnología, y a partir de ahí, innovar tanto en procedimientos como en la forma de gestionarlos”, estableceu outro dos ponentes, Servando Saavedra de Set Informatica.

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio