Trátase dunha sentenza moi importante, e vai ser transcendente. A Corte de Casación de Francia (equivalente ao noso Tribunal Supremo en España), acaba de emitir unha sentenza que senta xurisprudencia en toda Europa. A sentenza ven a dicir que “calquera cidadán europeo pode dirixirse a unha tenda de informática e mercar un ordenador esixindo ao […]
Achegameto a Moodle no IES de Melide
Melisa vai impartir un obradoiro de achegamento á ferramenta Moodle, dirixida aos profesores do Instituto de Ensino Secundario de Melide. Os próximos, 31 de xaneiro, 7 e 14 de febreiro, terán lugar as sesións do obradoiro de Moodle no IES de Melide. Haberá dous grupos de profesores, o primeiro deles terá a súa sesión ás […]
Comezar con Ubuntu 10.04
Comezar con Ubuntu 10.04 é unha guía para principantes do sistema operativo Ubuntu. É unha tradución do orixinal Getting Started with Ubuntu 10.04, feita por Fran Diéguez, Enrique Estévez, Antón Méixome e Miguel Anxo Bouzada, e está liberada cunha licenza Creative Commons. O obxectivo desta guía é cubrir os aspectos básicos de Ubuntu, como a […]
Inestable organiza un Obradoiro de robótica LEGO
Os compañeiros de Inestable (Ordes), organizan un Obradoiro de robótica LEGO baixo software libre. No cal se realizará unha introducción amena á programación e montaxe de pequenos robots Lego Mindstorms, mediante a linguaxe de programación JAVA. As datas, son o 5, 12 e 19 de novembro (venres), en horario de 17:00 a 20:00, no local […]
Melisa organiza un curso de fotografía ‘libre’
Melisa vai celebrar ata finais de ano un curso presencial de fotografía dixital empregando ferramentas libres. O contido do curso é o seguinte: Iniciación á fotografía dixital Iniciación ó retoque fotográfico con software libre Tamén se farán saídas de campo polo arredores de Melide, para pór en práctica o aprendido en clase. Calendario: novembro […]
Galpon organiza un curso de administración avanzada de sistemas informáticos
Cun carácter eminentemente práctico, GALPon vai impartir un curso de Administración de sistemas, onde se desenvolverán todas as materias precisas para a construción e posterior configuración dun servidor web. As aulas terán lugar os días 2 e 8 de novembro de 16:00 a 20:00 horas na aula T214, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Campus […]
OUSLI organiza a “I Xornada de Introdución ó Software Libre”
Os nosos colegas de OUSLI acaban de anunciar a I Xornada de Introdución ó Software Libre, que terá lugar o próximo xoves 21 de outubro, en horario de 17:00h. a 20:00h. O lugar de celebración será a Aula Magna do edificio politécnico, no campus das Lagoas da Universidade de Vigo en Ourense. A súa principal […]