Os nosos colegas de Inestable organizan a VIII edición das Xornadas GNU/Linux os próximos 21 e 22 de abril.
Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretenden achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.
Este ano contarán ademáis cun pequeno concurso chamado PKI, no que o gañador recibirá un premio.
A asistencia as xornadas é gratuíta.
Este é o programa:
- Xoves 21 Mañá (10 – 13.30)
- Presentación (30′) N. Vidal
- Charla sobre software libre (90′) S. Tabarés
- Obradoiro de drupal (90′) A. Permuy
- Xoves 21 Tarde (16.00 – 19.30)
- FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90′) D. Bañobre
- Software libre na universidade (90′) M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
- Venres 22 Mañá (10 – 13.30)
- Túneles IP cifrados con OpenSSH (90′) O. Casal
- Presentación Obradoiro Arduino (90′) J. Rodríguez
- Venres 22 Tarde (16 – 19.30)
- Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90′) N. Vidal
- PKI, o concurso definitivo!