A xuntanza trasnega está ao caer e desta volta terá lugar na cidade de Ourense, o 28 de maio na Casa da Xuventude.
A trasnada comezará coa asemblea xeral ordinaria da Asociación Proxecto Trasno ás 9:30. Dende as 12:00 e durante o resto do día os tradutores celebrarán unha sesión de debate terminolóxico para seguir avanzando nos consensos que se aplicarán nas traducións. A este debate están chamados todos os tradutores de software libre e aqueles interesados que poidan aportar coñecementos no tema.
A primeira hora da tarde, ás 17:00 horas, terá lugar un relatorio na que se conmemorarán os 11 anos de Proxecto Trasno. Ás 18:00 terá lugar un curso rápido de formación en tradución de software libre, que permitirá aos asistentes adquirir as suficientes nocións como para comezar a participar no proxecto. O evento clausurarase ás 19:30.