Día das Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas 2011, Melisa organiza dúas actividades os próximos días 16 e 17 de maio. A primeira delas terá lugar na Biblioteca Pública Xosé Vázquez Pintor de Melide, o luns 16 ás cinco da tarde. O acto consistirá nunha demostración práctica de diferentes ferramentas informáticas (navegador, procesador de texto, xestor […]

Comunicado público de Melisa

A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide quere facerlle chegar a toda a cidadanía o seguinte comunicado, coa intención de abrir un debate en canto ao uso que como sociedade estamos a facer da tecnoloxía. Aparte de ser publicado por diferentes medios a través da rede, será difundido persoalmente entre aqueles […]

Xornada de Accesibilidade en Software Libre

GPUL, en colaboración coa GNOME Foundation, organiza a Xornada de Accesibilidade en Software Libre o vindeiro Mércores 11 de maio de 2011 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.   Programa da Xornada: 18:00  Introducción á accessibilidade en GNOME Alejandro Piñeiro (Igalia, GNOME Accessibility Team) 18:30 Orca, o lector de pantalla de GNOME Alejandro Leiva (Emergya, Orca) […]

VIII Xornadas sobre GNU/Linux en Ordes

Os nosos colegas de Inestable organizan a VIII edición das Xornadas GNU/Linux os próximos 21 e 22 de abril. Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretenden achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software. Este ano contarán ademáis cun […]

Liberada Trisquel 4.5 “Slaine”

O pasado 24 de marzo lanzouse a versión 4.5 “Slaine” Trisquel é un sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux, dirixido a usuarios domésticos, pequenas empresas e centros educativos. É un proxecto que conta co apoio da Universidade de Vigo. A súa principal característica é o emprego de software completamente libre, e iso fai que […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio