Título I

Titulo I. Da Asociación en Xeral

Artigo 1.

Coa denominación Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), constitúese unha asociación sen ánimo de lucro que se rexirá polo presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2.

Esta Asociación constitúese por un tempo indefinido e só se disolverá por acordo da Asamblea Xeral Extraordinaria ou por calquera das causas previstas na lei.

Artigo 3.

Os fins principais da Asociación son:

    1. Promocionar e divulgar o concepto de Software Libre e fomentar o seu uso.
    2. Fomentar e apoiar os proxectos de Software Libre, especialmente aqueles desenrolados polos seus membros. Impulsar e respaldar as iniciativas de Software Libre.
    3. Adaptación do Software Libre á lingua galega.
    4. Promover o emprego de estándares abertos na sociedade da información e no ámbito tecnolóxico.
    5. Formación das novas tecnoloxías no eido do Software Libre nos diferentes ámbitos (educativo, empresarial, administrativo, …)

Artigo 4.

Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar as actividades seguintes:

  1. Realización de conferencias, cursos, sesións de traballo, coloquios e calquera outra actividade lícita que sirva ós fins desta Asociación.
  2. Colaboración e intercambios con proxectos doutros grupos similares a nivel nacional e internacional.
  3. Organización de viaxes a conferencias, congresos e acontecementos relacionados co Software Libre.
  4. Promocionar os proxectos de implantación de Software Libre en asociacións, sociedades, institucións e outras organizacións.
  5. Desenvolvemento de actividades que axuden á introducción do galego no ámbito do Software Libre.

Como Asociación sen ánimo de lucro, os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaran se exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Artigo 5.

O domicilio permanente e principal da Asociación radicará na localidade de Melide.

Poderánse utilizar outros locais asociativos noutras cidades, mediante acordo da Asamblea Xeral, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións.

Artigo 6.

A Asociación en función dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Título II->

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio