Título II. Dos Socios
Artigo 7.
Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar, e as persoas xurídicas tralo acordo do órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter interese no desenvolvemento dos fins da Asociación.
- Aboar, se fose o caso, unha cuota de socio.
Artigo 8.
Dentro da Asociación poden existir as seguintes clases de asociados:
- Fundadores: aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
- Numerarios: aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
- Protectores: aquelas persoas físicas ou xurídicas que a xuizo da Xunta Directiva contribúan significativamente á realización dos fins da Asociación, xa sexa colaborando desinteresadamente coa mesma dende os seus respectivos postos profesionais ou a través de aportacións económicas ou en especie. O seu nomeamento será acordado pola Xunta Directiva, debendo ser ratificado na primeira Asamblea Xeral que se celebre. Os socios protectores non terán dereito a voto, nin poderán acceder ós cargos directivos, pero a súa voz poderá ser oída na Asamblea Xeral.
Artigo 9.
Os socios numerarios e fundadores teñen os seguintes dereitos:
- Tomar parte en calquera actividade que a Asociación organice en cumprimento dos seus fins.
- Beneficiarse de todas as vantaxes que a Asociación poida proporcionar.
- Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva para mellorar o cumprimento dos fins da Asociación.
- Participar nas Asambleas, con voz e voto, así como ser elector e/ou elixible para os cargos directivos.
- Recibir información sobre o estado de contas, e ingresos e gastos da Asociación.
- Aqueloutros que estiveren recollidos na lexislación vixente.
Artigo 10.
Son obrigacións de todos os socios:
- Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asambleas e da Xunta Directiva.
- Desempeñar as obrigas inherentes ó cargo que se ocupa.
- Satisfacer as cotas que se establezan.
- Asistir ás Asambleas Xerais.
- Observar unha boa conducta individual e cívica.
- Aqueloutros que estiveren recollidas na lexislación vixente.
Artigo 11.
Os acordos de admisión de asociados os tomará a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante, a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou titor do solicitante e acompañarase unha acreditación da identidade do solicitante.
Artigo 12.
A condición de asociado pérdese:
- Por renuncia do interesado manifestada por escrito.
- Polo falecemento do titular.
- Pola falta de pagos das cuotas.
- Pola realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación.
- Por expediente disciplinario.
Artigo 13.
A expulsión de asociados será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderáse recurrir ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun asociado, éste deberá realizar unha petición escrita e procederá ó pago de tódalas cuotas que teña pendentes.