Título IV. Réxime económico
Artigo 35.
A Asociación no momento de constitución carece de fondo social. En adiante coincide co recollido nas contas aprobadas anualmente.
Artigo 36.
O exercicio asociativo e económico será anual e o seu cerramento terá lugar o 31 de decembro de cada ano.
Artigo 37.
O Orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado como moi tarde na primeiro Asemblea Xeral Ordinaria do exercicio no que estará en vigor. Asemade, a liquidación do Orzamento terá que ser presentada na Asamblea Xeral Ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.
Artigo 38.
Anualmente e con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e balance de situación, que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos socios durante un prazo non inferior a quince días ao sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 39.
Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
-
As cotas ordinarias dos asociados, que en ningún caso serán reintegrables. Estas serán fixadas pola Asamblea Xeral Ordinaria.
-
As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directva e sexan aprobadas pola Asamblea.
-
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
-
Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
-
As achegas voluntarias, que se considerarán como préstamos sen xuros, reintegrables nos termos que se pacten.
-
Os préstamos ou créditos necesarios, que deberán estar asinados polo presidente e acordados pola Xunta Directiva.
-
Calquera outro recurso lícito.
Artigo 40.
Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as sinaturas, como mínimo: o Presidente e o Tesoureiro. A Xunta Directiva poderán engadir outras sinaturas recoñecidas, sempre de membros da propia Xunta. A Xunta Directiva poderá decidir se o uso das contas é mancomunado ou indistinto.
Artigo 41.
A disposición dos ben patrimoniais que se aproben regulamentariamente ha de ser aprobada pola Asamblea Xeral.