Título V

Título V.Modificación dos estatutos

Artigo 42.

Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos Asociados. A convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria terá a modificación dos Estatutos como único punto da orde do día e estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera socio poida dirixir á Xunta Directiva as propostas e emendas que estimar oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán postas a disposición cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.

A aprobación da modificación dos Estatutos acordarase pola maioría cualificada das persoas presentes ou representadas.

<- Título IV

Título VI ->

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio