Titulo VI

Título VI Disolución da Asociación e liquidación do patrimonio

Artigo 43.

A Asociación disolverase polas seguintes causas:

1. Pola vontade dos asociados acordada pola maioría cualificada das persoas presentes ou

representadas.

2. Por outras causas determinadas legalmente.

3. Por sentenza xudicial.

Artigo 44.

Acordada a disolución, a Asamblea Xeral Extraordinaria designará dous asociados liquidadores, que, xunto ao Presidente e Tesoureiro, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. O haber líquido resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita na Provincia de A Coruña e que tiver os mesmos ou similares fins aos desta Asociación. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.

<- Título V

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio