Proxectos destacados

Xeración ñu

Xeración Ñu

Xeración Ñu nace coa idea de dar a coñecer e profundizar no mundo da cultura libre galega, tratando temas relacionados con este concepto, como son: o software libre, o hardware libre, contidos baixo licenzas Creative Commons, e sen olvidarse das persoas e grupos que traballan e colaboran nestes campos.

Xeración Ñu é unha publicación dixital, pero sobre todo punto de encontro de persoas con ganas de dar a coñecer estes mundos libres, e con inquietudes diversas como son a música, a fotografía, a pintura, a creación audiovisual, o mundo empresarial, a programación, a robótica e un longo etcétera.

Os contidos de Xeración Ñu están liberados coa licenza libre Creative Commons Atribución – Compartir Igual, polo que sodes libres de utilizalos para o que vos pete, mencionando sempre a autoría e publicando a nova obra baixo o mesmo tipo de licenza


abeancos.gal

abeancos.gal

abeancos.gal é un catálogo dixital aberto de elementos patrimoniais presentes na área da Comarca Terra de Melide. Todos eles, documentados, clasificados e xeolocalizados con mapas libres.

Ao tratarse dun catálogo dixital aberto, o acceso aos datos non está restrinxido unicamente á súa visualización neste sitio web. O acceso aos datos en distintos formatos é libre, e gratuíto

abeancos.gal é un proxecto libre. A súa base tecnolóxica, e os seus compoñentes: mapas, imaxes, documentos, xestor de contidos, etc. están publicados baixo licenzas libres.


Centro Penitenciario de Teixeiro
Centro Penitenciario de Teixeiro

Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos

A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA) colabora no programa de Voluntariado Dixital da Xunta nos talleres promovidos pola Amtega “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”.

O obxectivo desta iniciativa é promover a inserción laboral dos asistentes, ofrecéndolles formación eminentemente e práctica no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación TIC e do software libre.

MELISA é unha asociación adherida ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, e presta apoios dixitais en actividades de fomento do software libre en Galicia.


EpiLinux

EpiLinux é un sistema operativo completo baseado en GNU/Linux. Este contorno outórgalle un excelente rendemento e lixeireza, ademais dunha gran usabilidade. Desde a primeira versión, nace coa idea de ser un sistema que facilite a posibilidade de utilizar software de fontes abertas e, ademais, gratuito. Está especialmente orientado a todas aquelas persoas, tanto profesionais como estudantes, que desenvolvan as súas actividades nos campos da epidemioloxía, a bioestatística e os estudos de saúde, en xeral. Nesta quinta versión, recompilouse e configurouse, nunha mesma distribución e nun novo contorno, o software necesario para iso. Esta distribución aporta un conxunto de programas de uso xeral (ofimática, multimedia, internet, …) e unha recompilación de software científico. Entre eles, podemos destacar R cos seus contornos gráficos Rcommander e Rstudio e unha colección preinstalada de librarías especializadas. Ademais, inclúese software de referencia no campo da Epidemioloxía como Epidat 4, OpenEpi,… da Bioestatística como JASP, Octave, PSPP, SciLab,… e, como Sistema de Información Xeográfica, QGIS.


BioStatFLOSS

BioStatFLOSS

BioStatFLOSS consiste nun ámbito unificado e homoxéneo de execución, baixo o sistema operativo Microsoft Windows, dunha recompilación de programas, xa existentes e sobradamente contrastados, especificamente deseñados para a realización de estudos epidemiolóxicos, bioestatísticos e de saúde en xeral. O proxecto consiste nunha revisión e preparación do software relevante seleccionado e o desenvolvemento dun ámbito de execución común dende o que poder lanzar devanditos programas. O obxectivo, dotar dunha infraestrutura FLOSS (Free/Libre Open Source Software) e portable (que non necesite instalación) aos usuarios deste tipo de programas facilitando a migración do software privativo a solucións de software libre.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio