Descrición Xeral:
O uso, navegación, rexistro en melisa.gal configuráronse en base aos principios de transparencia, licitude e información.
Privacidade:
Responsable do tratamento: Asociacion Melisa CIF G70190269, en adiante «melisa»
Transparencia:
Melisa trata os datos persoais de conformidade cos principios rectores da normativa europea sobre a privacidade.
Domicilio social:
Rúa Taboada Roca, 4 15800 Melide (A Coruña) Correo electrónico:[info@melisa.gal](mailto:info@melisa.gal?subject=RGPD melisa.gal)
Finalidade:
O dereito á liberdade de información a través de medios dixitais. Xestión de plataformas sociais titularidade ou asociadas a melisa. Aqueles necesarios para poder continuar prestando o servizo de comunicación dixital. Cookies propias. Contacto, resolver incidencias, xestionar consultas asociadas ao servizo ou a calquera outra situación similar en relación con melisa.
Exercicio de dereitos:
Acceso, rectificación ou supresión, limitación de tratamento, oposición do tratamento dos datos persoais facilitados ou ao envío de publicidade, e a non ser obxecto de decisións exclusivamente automatizadas. Pode exercer ditos dereitos ou revocar os consentimentos de tratamento dados enviando unha petición ao domicilio social, incluíndo unha copia do DNI. Para o exercicio dos dereitos ou calquera aclaración que precise pode dirixir un correo postal ao domicilio social, acreditando ser titular dos datos sobre os que quere exercer eses dereitos.
Destinatarios:
Melisa precisa dentro do seu ámbito de actividade coa finalidade de poder garantir o servizo e a calidade do mesmo que terceiros a aquel presten servizos que puideran levar afectos tratamento de datos persoais.
En relación a ditos terceiros, melisa diferencia entre aqueles terceiros que ostentan a condición de Encargado de Tratamento sendo necesarios para o interese da entidade, establecendo medidas legais e técnicas necesarias para preservar o seu dereito fundamental á protección de datos. Así mesmo, en relación con aqueles terceiros que non se atopen en dita situación, melisa informaralle da comunicación e a necesidade, no seu caso, de obter o seu consentimento para o tratamento afecto á operación/s afectas.
Reclamación:
Autoridade de Control competente na materia. Agencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es C/ Jorge Juan, 6 28001 Madrid). Pode exercer ditos dereitos ou revocar os consentimentos de tratamento dados enviando unha petición ao domicilio social, incluíndo unha copia do DNI. Para o exercicio dos dereitos ou calquera aclaración que precise pode dirixir un correo postal ao domicilio social, acreditanto ser titular dos datos sobre os que quere exercer eses dereitos.
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico (LSSICE) expóñense a continuación os datos identificativos da asociación.
Denominación social: Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide. NIF G70190269
Domicilio social: Rúa Taboada Roca, 4 15800 Melide (A Coruña)
Correo electrónico: [info@melisa.gal](mailto:info@melisa.gal?subject=LSSICE melisa.gal)
O simple acceso a este sitio web non supón estabelecer ningún tipo de relación comercial entre melisa e o usuario. O acceso e a navegación neste sitio web supón aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidas nela. O titular do sitio web pode ofrecer servizos ou produtos que se poderán atopar sometidos a unhas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúan, completen e/ou modifiquen as presentes condicións, e sobre as cales se informará ao usuario en cada caso concreto.
De acordo co estabelecido no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os datos de carácter persoal proporcionados serán incluídos nun ficheiro de titularidade de melisa, debidamente rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos e que ten por finalidade a xestión dos socios, fiscal, administrativa e outras finalidades. Vostede pode exercer os dereitos sobre os datos subministrados recollidos no art. 13 do RGPD de acceso, rectificación ou supresión, limitación de tratamento, oposición do tratamento dos datos persoais facilitados ou ao envío de información, e a non ser obxecto de decisións exclusivamente automatizadas.