O programa PADRE de Facenda vai funcionar en GNU/Linux

aeatEnterámonos a través do blog dun empregado da Axencia Tributaria que a nova versión do programa PADRE vai ser multiplataforma co cal se poderá usar nun equipo dotado dun sistema GNU/Linux.

Esto conséguese gracias a que o reescribiron utilizando a linguaxe Java, polo que se poderá utilizar tamén en equipos Mac.

Ata o de agora os usuarios de sistemas diferentes a Windows non tiñan posibilidade de utilizar dita aplicación, polo que damos dende aquí a noraboa á xente da Axencia Tributaria, e animamos a que outras administracións públicas segan o mesmo camiño e non obriguen ó cidadán a utilizar un determinado sistema operativo ou navegador web.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio