Achegameto a Moodle no IES de Melide

Melisa vai impartir un obradoiro de achegamento á ferramenta Moodle, dirixida aos profesores do Instituto de Ensino Secundario de Melide.

Os próximos, 31 de xaneiro, 7 e 14 de febreiro, terán lugar as sesións do obradoiro de Moodle no IES de Melide. Haberá dous grupos de profesores, o primeiro deles terá a súa sesión ás 16 horas, e o segundo ás 18 horas.

Esta formación será impartida por Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de Melisa.

O obxectivo desta actividade, é familiarizar aos profesionais da educación no uso dunha das ferramentas máis populares, e con máis seguidores no campo do e-learning. A cal xa están a utilizar algúns profesores, gracias ao portal web proporcionado pola Consellería de Educación.

O material empregado para este obradoiro estará dispoñible nesta mesma web, baixo unha licenza Creative Commons, para poder ser utilizado por calquera persoa interesada en coñecer esta ferramenta.

Polo momento, deixámosvos o programa do obradoiro.

 

{xtypo_info}Código cero{/xtypo_info}

{xtypo_info}Mancomún{/xtypo_info}

{xtypo_download}Introducion ao Software Libre{/xtypo_download}

 

Primeira sesión, celebrada o pasado luns, 31 de xaneiro.

{xtypo_rounded2} {/xtypo_rounded2}

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio