LibreOffice 3.3.3 está listo para descarga

Versión recomendada para institucións e grandes entidades.

A Document Foundation anuncia a dispoñibilidade da LibreOffice 3.3.3, unha nova edición da máis estábel versión da suite libre de produtividade de oficina, dirixida a usuarios corporativos. LibreOffice 3.3.3 xa está dispoñíbel para descarga desde o seguinte enderezo: http://www.libreoffice.org/download.

PNG - 3.2 KB

Conforme Thorsten Behrens, desenvolvedor e membro do Comité Executivo da TDF, “LibreOffice 3.3.3 resolve varios defectos e mellora a seguranza da suite, con especial énfase nas necesidades de implantación en entidades, onde a estabilidade é máis importante que funcionalidades novidosas. Esta ramificación será sostida ata finais de ano, para permitir unha transición suave e segura a LibreOffice 3.4.x.

LibreOffice 3.3.3 está dispoñíbel para Windows, MacOS X e Linux (DEB e RPM), en máis de 100 idiomas diferentes (máis de dúas veces da cobertura idiomática cos produtos privativos comparábeis). Os usuarios de LibreOffice 3.3.2 están convidados a actualizar o seu software.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio