10 motivos para usar software libre na empresa – Liberdade

liberdade4. Liberdade

Cando unha empresa decide utilizar unha aplicación con licenza privativa, queda ‘presa’ das decisións comerciais e técnicas que decida o seu proveedor. Nada lle impide ao proveedor desa aplicación modificar as condicións, o prezo do soporte, as prioridades ou o calendario de actualizacións. Sempre estaremos cautivos e non teremos a liberdade de decidir o cambio hacia outro proveedor que nos ofreza mellores condicións.

Sen embargo, cando unha empresa decide utilizar software libre sempre ten o control para tomar as súas propias decisións, e facer o que queira co seu software. Ten a liberdade de poder escoller entre varios proveedores. Os cales competirán en igualdade de condicións, e os que ofrezan mellor servizo serán capaces de conseguir maior número de clientes.

A experiencia persoal lévame a coñecer casos en que usuarios se quedan sen ningún tipo de soporte cando a empresa proveedora do seu software pecha a súa actividade sen previo aviso. Nese momento é cando o usuario se da conta de que non é dono da súa aplicación, e o peor de todo, tampouco dos seus datos, un dos maiores valores que ten calquer empresa.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio