Facémonos eco desta noticia publicada en Público (PT), que nos enche de esperanza, porque parece que o momento económico actual pode ser unha oportunidade para que o uso do software libre sexa máis amplo.
A directiva do Ministério da Educação e Ciência portugués está dirixido a aqueles equipos máis antigos, que non soporten as novas versións de Microsoft, e que todavía se poidan seguir usando a través da instalación dunha distribución de GNU/Linux. O Ministério non quere seguir pagando unhas licenzas por utilizar aplicativos que non supoñen unha gran diferenza respecto a outros que se distribúen de forma libre.
O que está claro, é que o modelo de renovación ‘programada’ que defenden as empresas do software privativo ten que mudar cara algo máis racional, e de sentido común.
Agardamos que os nosos responsables políticos, educativos, etc, poidan empezar a tomar nota do acontecido en Portugal, e se den conta de que o uso das tecnoloxías nas escolas ten que xirar hacia o software libre.