Xornada de presentación da aplicación AinfoVac

Xornadas ainfovac

O próximo 19 de abril, ás 12 da mañá, na Cooperativa Melisanto, terá lugar unha xornada de difusión para dar a coñecer a aplicación de xestión de explotacións agrogandeiras, AinfoVac.

A xornada será impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra, e Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de MeLiSA, e conta coa colaboración da Cooperativa Melisanto, ASETEM e o Concello de Melide.

O acto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as características desta aplicación informática, e especialmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras.

AinfoVac é unha aplicación informática deseñada para a xestión dunha explotación gandeira en tódolos seus procesos productivos. Conta con módulos de facturación, xestión de compras e ventas, rexistro de animais, control xenético, control de cultivos, alimentación, vacinación, etc.

Esta aplicación distribúese baixo unha licenza libre que permite a súa utilización, copia e modificación, así como a distribución gratuita.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio