As licenzas libres, colaboración en CERNE [outubro 2012]

Licenzas libres

Hoxe en día calquera usuario da rede convertese en autor de diverso material (artigos en blogues, fotos, vídeos, etc.), é polo tanto importante ter claros algúns conceptos acerca de como distribuír os nosos contidos na rede.
Calquera creación queda cuberta polo Convenio de Berna e pola Lei de Propiedade Intelectual dende o intre en que se crea. Polo tanto, toda obra nace cos dereitos reservados, e ninguén pode modificala, reproducila, ou mesmo disfrutar dela sen o permiso do autor. Cando publicamos a nosa obra na rede sen indicar o tipo de licenza, quedan reservar os dereitos.
As licenzas para contidos libres empregan o copyright para garantir ao receptor da obra que é o que se pode facer con ela, e que non. Aínda que pareza que se están poñendo barreiras, en realidade estanse a abrir portas de xeito coidadoso para que o receptor poida ter a seguridade legal de que non está infrinxindo ningunha lei, nin a vontade do autor.
O copyleft é un mecanismo legal que garante que unha obra unha vez publicada, e xa fora do control do autor, vai seguir a ser libre, e vaise manter a vontade orixinal coa que foi distribuída. Doutro xeito, existe para evitar que alguén se apropie da obra, cambie o tipo de licenza, ou cree un produto pechado que non ofreza os dereitos da cultura libre.
Isto último conséguese introducindo unha cláusula onde se indica que a licenza de toda obra derivada debe ser a mesma ca da obra orixinal. Estas licenzas tamén se coñecen como licenzas ‘víricas’.
Creative Commons é unha organización internacional formada por especialistas en dereito de numerosos países que se adican a deseñar, e avalar un sistema de licenzas con ámbito mundial. As licenzas que propoñen fórmanse a partir de dereitos que o autor pode ir engadindo á súa obra. Por exemplo, o autor pode reservar ou liberar a atribución da obra (BY), o uso non comercial (NC), non derivados (ND), ou a redistribución baixo unha licenza compatible (SA). Na lexislación española, os dereitos morais (autoría) son irrenunciables, polo que o dereito de atribución é obrigado.

http://softwarelibre.udc.es/gl/softwarelicenses

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio